Skip to main content

Carrinho

Você está recebendo o tratamento VIP!

Item(ns) indisponível(is) para compra
Verifique seu carrinho. Você pode remover os itens indisponíveis agora ou os removeremos na finalização de compra.
itensitem
itensitem

Recomendados para você

Loading...

eBooks sobre Histórico

Se você gosta de eBooks sobre Histórico, certamente vai adorar estas sugestões.
Mostrando 1 - 20 de 20 resultados
Pular filtros da barra lateral
  • Matarán a Reboiras

    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista. Décadas despois, un comité de emerxencia impulsa a loita contra unha agresión ecolóxica produto da arbitrariedade corrupta e a cobiza. Xa a comezos do século actual, o reporteiro gráfico Nardo Negro documenta eses ... Leia mais

    R$ 51,07

  • O Códice esmeralda

    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de Vigo. O manuscrito deixaba entrever a existencia dun tesouro oculto, protexido por un estraño enigma que deberían ... Leia mais

    R$ 43,36

  • A hora de espertarmos xuntos

    de Kirmen Uribe ...
    Traduzido por Isaac Xubín ...
    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu pai, que foi encarcerado. Ao remate da guerra debe abandonar a súa terra e partir cara a Francia, onde pasa a formar parte da embaixada cultural vasca. Alí coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi. Xuntos percorren ... Leia mais

    R$ 43,36

  • Vémonos mañá

    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando. «Vémonos mañá» é o relato da súa relación ... Leia mais

    R$ 51,07

  • Extramunde

    de Xavier Queipo ...
    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    Extramunde narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxe alucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e o estreito de Malaca. Unha novela que retrata o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros da Inquisición e a navegación polos océanos ... Leia mais

    R$ 45,91

  • A Barcelonesa

    de Xabier Paz ...
    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística, os case cen anos de tensión entre a vida familiar e os ... Leia mais

    R$ 51,07

  • Galileo no espello da noite

    de Xabier Paz ...
    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, que fora filósofo oficial na corte dos Medici e persoa reputada e achegada á curia pontificia, agora está maldito. Desde a vellez, o sabio cavila sobre a súa vida e a súa desgraza. Galileo no espello da noite é unha novela que nos mergulla na súa propia memoria, a través da que ... Leia mais

    R$ 43,36

  • Memoria do silencio

    de Eva Mejuto ...
    Series series INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO E-book
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de ... Leia mais

    R$ 35,70

  • O libro e o tapiz

    de Xabier Paz ...
    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela, Galiza foi resgardo seguro da cristiandade ibérica, lugar onde se criaban os fillos dos reis. Nesta novela de Xabier Paz, ademais dos sucesos históricos e dos personaxes creados pola historiografía dominante, asoman os seres humanos que só a literatura é quen de ... Leia mais

    R$ 51,07

  • Palabras de Opoton O Vello

    Traduzido por Eduard Velasco ...
    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    A novela Palabras de Opoton o Vello, de Avel·lí Artís-Gener está considerada unha obra de referencia da literatura catalá do século XX. Ambientada en Galicia, o autor quixo darlle a volta á historia nunha ficción na cal seis canoas aztecas parten de México no ano 1498 en dirección a Galicia para descubriren o novo mundo. Situada cronoloxicamente pouco antes do xenocidio de América, a novela fabula ... Leia mais

    R$ 51,07

  • O códice do Santo Lugar

    Series series INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO E-book
    Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola episcopal, está involucrado no roubo do códice do Santo Lugar. Son tempos de loitas entre árabes e cristiáns, e tamén de disputas entre os normandos e o reino de Galicia, León e Castela. Tempos convulsos e de traizóns nos que Páez, bispo de Iria, envía a Xelmírez a Toledo, sede da corte real de Afonso VI, ... Leia mais

    R$ 35,70

  • Carolina

    de Alberto Canal ...
    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañadores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen. Unha muller que se converte en maquis e espalla a paixón polos libros, sobre todo por aqueles que a marcaron como ser humano, aqueles que se viu obrigada a ler na clandestinidade, á luz dun farol ou ... Leia mais

    R$ 51,07

  • Viva a Comuna!

    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    «Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade. Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepetibles como Louise ... Leia mais

    R$ 51,07

  • Un anarquista

    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando algunha experiencia que o eleve por enriba da súa timidez. Para iso está Montse, unha estudante de familia acomodada pola que se sente atraído dende hai tempo. Con ela experimentará o amor, o sexo, os ... Leia mais

    R$ 51,07

    Pré-venda

  • Settecento

    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, ... Leia mais

    R$ 43,36

  • Festina lente

    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. As campás, tristeiras, repenican a defunto, o ... Leia mais

    R$ 43,36

  • En branco e negro

    Sara Martí, a protagonista de En branco e negro, é unha xornalista que se nega a aceptar a realidade tal como é. Así o manifesta nos seus artigos de opinión en Coses Nostres. A través de vivencias propias e alleas, Sara vai tecendo unha historia salpicada de recordos amargos: o exterminio nazi, unha violación, a guerra dos Balcáns, o asasinato dun ser querido, as represalias do réxime ditatorial ... Leia mais

    R$ 34,10

  • Demos de verán

    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    Doroteo Acuña, policía xubilado, recibe na cidade da Coruña, onde reside, unhas enigmáticas postais enviadas desde Roma polo seu vello amigo e antigo xornalista Francisco Bouzón. Acuña e Bouzón forxaran a súa amizade moitos anos antes, en pleno franquismo, mentres indagaban un escuro suceso nunha vila mariñeira da costa galega. Radia Ludescu, un profesor romanés refuxiado en España e protexido da ... Leia mais

    R$ 43,36

  • Bergan

    Bergan é unha obra debedora d´A cidade branca, pero a súa historia actual, como o mundo debuxado no pensamento da Grecia clásica, está cambiada, transformada e semella en permanente movemento, quizais lineal, circular ou elíptico, pois todo cabe nel. O xénero fantástico empregado achégaa a obras recoñecidas na literatura universal e que a todas e todos non poden vir ao pensamento sen mencionar ... Leia mais

    R$ 44,33

  • O baile dos estorniños

    Series series EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
    Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos tráxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciará unha investigación na que, en principio, ... Leia mais

    R$ 51,07